
O permiso B autoriza para conducir os seguintes vehículos:
- Automóbiles cuxa masa máxima autorizada non exceda de 3.500 kg que estean deseñados e construídos para o transporte de non máis de oito pasaxeiros ademais do condutor. Devanditos automóbiles poderán levar enganchado un remolque cuxa masa máxima autorizada non exceda de 750 kg
- Conxuntos de vehículos axustados compostos por un vehículo tractor dos que autoriza a conducir o permiso da clase B e un remolque cuxa masa máxima autorizada exceda de 750 kg, sempre que a masa máxima autorizada do conxunto non exceda de 4.250 kg, sen prexuízo das disposicións que as normas de aprobación de tipo establezan para estes vehículos.
- Triciclos e cuatriciclos de motor.
- A partir dos 3 anos de antigüedade permite conducir os vehículos que autoriza a conducir o permiso A1
Requisitos de obtención
Documentación para obter o permiso
- Fotocopia do D.N.I. en vigor
- Certificado médico con fotografía expedido por un centro autorizado
- Tres fotografas 35 por 25 mm. Iguais ás do certificado
- Unha fotocopia do permiso de condución actual si se dispón de el
Exames
- Exame teórico común
- Exame práctico
- Si se ten o permiso A2 ou A1 só se realizará o exame práctico
Tarifas
Permiso B (Pack) |
Matrícula, libro, taxa tráfico e 8 clases prácticas |
345 € |
Práctica adicional (45') |
18 € |
Examenes |
20 € |
Posibilidade de pagar en prazos |
Permiso B (Matrícula sen Pack) |
Matrícula e libro |
150 € |
Taxa tráfico |
94,05 € |
Práctica (45') |
18 € |
Exame |
20 € |
Renovación (inclúe taxas) |
200 € |